PRESENTACION

KANGURINES SEGUIRÁ COA SÚA ANDAINA COMO FERRAMENTA EDUCATIVA, IMPLICANDO DIRECTAMENTE AO ALUMNADO NON DESENVOLVEMENTO DÁS ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA A LOUSA DIXITAL, E PARA O COMPUTADOR .

O ALUMNADO GOZARÁ DO SEU CONTIDO, E DÁ AMPLIACIÓN DO MESMO , E AS FAMILIAS PODERÁN COÑECER E PARTICIPAR EN CERTAS ACTIVIDADES DE AULA A TRAVÉS DESTE BLOGUE.

ATOPARÁNSE LIGAZÓNS DE INTERESE, QUE FAVORECERÁN A INTERCOMUNICACIÓN DO ALUMNADO.

TAMÉN EXISTE A POSIBILIDADE DE FACER COMENTARIOS OU APORTACIÓNS. DE SEGURO QUE ENTRE TODOS E TODAS PODEMOS ELABORAR UN BLOGUE MOI INTERESANTE.

UN OBXECTIVO É A RECOMPILACIÓN DE XOGOS, CONTOS E ACTIVIDADES INTERESANTES PARA A LABOR DOCENTE.

SERVIRÁNOS DE LEMBRANZA AO LONGO DOS CURSOS.

jueves, 26 de marzo de 2015

Eu son poesía...

Hoxe 26 de marzo o alumnado de 3º - REBELDES  recibiu unha agradable sorpresa...!!!  Un encontro co poeta  Miguel Angel Álonso Diz , autor do Cullarapo Croque , un libro de poesía que estamos lendo .
Tivemos unha sesión marabillosa, que tal vez non esquezamos. Desvelounos o proceso que segue para escribir. Recitounos varias poesías do seu libro e leunos un conto : O soño de Esther. Miguel é unha persoa superamable , graciosa que leva consigo esa máxia da poesía. Nalgún momento desta sesión todos e cada un de nos, estivo abraiado, gozando  do seu traballo, e como non, deleitandonos  coas ilustracións de Luz Beloso. Grazas Miguel  por compartir connosco estes momentos tan entrañables. 



Preme en  FOTOS.

No hay comentarios: