PRESENTACION

KANGURINES SEGUIRÁ COA SÚA ANDAINA COMO FERRAMENTA EDUCATIVA, IMPLICANDO DIRECTAMENTE AO ALUMNADO NON DESENVOLVEMENTO DÁS ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA A LOUSA DIXITAL, E PARA O COMPUTADOR .

O ALUMNADO GOZARÁ DO SEU CONTIDO, E DÁ AMPLIACIÓN DO MESMO , E AS FAMILIAS PODERÁN COÑECER E PARTICIPAR EN CERTAS ACTIVIDADES DE AULA A TRAVÉS DESTE BLOGUE.

ATOPARÁNSE LIGAZÓNS DE INTERESE, QUE FAVORECERÁN A INTERCOMUNICACIÓN DO ALUMNADO.

TAMÉN EXISTE A POSIBILIDADE DE FACER COMENTARIOS OU APORTACIÓNS. ENTRE TODOS E TODAS TALVEZ PODAMOS ELABORAR UN BLOGUE MOI INTERESANTE.

UN OBXECTIVO É A RECOMPILACIÓN DE XOGOS, CONTOS E ACTIVIDADES INTERESANTES PARA A LABOR DOCENTE.

SERVIRÁNOS DE LEMBRANZA AO LONGO DOS CURSOS.

sábado, 19 de noviembre de 2016

MAGOSTO 2016


 A FESTA DO MAGOSTO resultou  animada e superlúdica.  Durante a  semana comezaron  os preparativos  elaborando as nosas creativas caixas de aula, cestiños e cucuruchos  para as castañas. Aprendemos un RAP para cantar neste día.


https://www.youtube.com/watch?v=oEo74iZhFuE&feature=youtu.be

 Este ano contamos cun xogos populares moi enxebres.

 O pavillón do centro foi o campo de xogos onde o alumnado de 6º participou como colaboradores ,asesorando e axudando aos mais pequenos, tod@s gozaron pasando polos catro postos con propostas inxeniosas e que "molaban" moito.

Para finalizar, chegou a papatoria das riquísimas castañas asadas que nos preparou o castañeiro que adoita estar polo barrio do Calvario.

                              FOTOS                        



2 comentarios:

btic dijo...

Xenial!!!

Julia dijo...

Cachis!! Nós non tiñamos castañeiro!!