Despedimos un curso atípico, tanto para os mestres como para ás familias e sobretodo para vós, os nenos e nenas de 5º ... este curso tivemos que adaptarnos a diversas circunstancias e convivir cunha situación inusual que a todos nos marcará no futuro.
Felicidades por seguir aprendendo día a día con dedicación, esforzo e loita . Hai que premiar a constancia na realización das tarefas propostas e a implicación de todo momento.
Agradecemos tamén ás familias a súa axuda, implicación e constante colaboración.
Hoxe remata este curso diferente, que ben seguro, marcará un antes e despois na nosa
vida...
Vémonos en setembro!!
Como despedida esta canción... que marcou un curso prometedor, no que celebramos o 70 aniversario e que truncou un virus.
As mestras de 5º tamén queremos agasallarvos con este pequeno xogo no que todos e todas sodes protagonistas....
Dende a Biblioteca, como cada ano, temos unhas recomendacións lectoras...

Felices vacacións!!! Estamos desexando que o noso cole volte á normalidade...




Ningún comentario:
Publicar un comentario