sábado, 25 de marzo de 2023

E-TRAD

O alumnado de 6º de Primaria, o día 21 de marzo, gozou dunha experiencia musical única; Un concerto baseado na música que hoxe forma parte do repertorio tradicional máis popularizada. Impartido polo profesorado  da E-TRAD ( escola municipal de Vigo de música folk e tradicional) e coa participación de dous alumnos do noso centro.

Jimena e Leo, alumnos que  na E- TRAD, foron convidados polos músicos para interpretar dunhas melodías populares ; Jimena ao violín intrepretou a “Rianxeira” e Leo coa Zanfona interpretou “A saía da Carolina”.

Fantástica Experiencia para todos/as, e un orgullo para O Pombal !!




PARABÉNS ARTISTAZAS , POR UNHA EXPERIENCIA INOLVIDABLE !!

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Foi un concerto que nunca esqueceremos!
Ademais tivemos a sorte de que Jimena e Leo tocasen.Un orgullo para o noso colexio!
Candela.🎶🎻

laura gil dixo...

Foi fantástico,estou totalmente dacordo contigo Candela, non o esqueceremos. Encantoume 🥰

Anónimo dixo...

Temos a sorte de Ter a Leo e a Jimena cómo amigos son increíbles.
Unha alerta Uxia.