O alumnado de 6º B de primaria, hoxe fomos á horta para plantar... AMORODOS
A nosa parcela está situada nun extremo, o que nos da a posibilidade maior de movemento, aínda que tivemos que retirar cantidade de pequenas pedras que aproveitamos para facer un camiño de acceso no medio desta.
Durante este trimestre, por equipos, iremos a regar, mondar e tamén plantaremos e sementaremos algún variedade máis de producto.

2 comentarios:
Foi moi divertido plantar na nosa pequeña horta!
Candela🌿🍓🍓🍓
Candela, grazas pola túa implicación nesta actividade.🥰
Publicar un comentario